Para solicitar o empréstito de material de avaliación deberás cumprimentar o seguinte formulario. 

Normativa de empréstito
  • Toda a información relativa ao test figura na súa ficha técnica.
  • O servizo de préstamo de test inclúe o xogo completo. Non inclúe usos, cadernos de anotación e/ou impresos similares.
  • A solicitude realizarase no departamento administrativo do COPG, persoalmente, por correo electrónico, fax, correo postal ou a través do formulario da páxina web do Colexio 
  • O servizo de empréstito seguirá a orde de solicitude, recibindo a/o colexiada/o a información sobre a data estimada na que poderá dispoñer do test.
  • O tempo máximo de reserva para o uso dun test é de 90 días.
  • O test poderá recollerse na sede do COPG ou a través dun servizo de mensaxería, sendo este gasto a cargo da/o colexiada/o. A devolución do test será do mesmo xeito, ou ben entregado persoalmente na sede do COPG ou a través dun servizo de mensaxería.
  • O tempo de empréstito do test será de 15 días naturais, contados desde o día seguinte en que o test sae do COPG, sen posibilidade de prórroga.
  • O número máximo de tests que se poden solicitar simultaneamente é de 5 materiais.
  • O número máximo de tests que se poden ter en empréstito ao mesmo tempo será dun máximo de 3.
  • O atraso na devolución do test, independentemente do número de días, poderá ser sancionado coa exclusión de dous meses fóra do servizo de empréstito de test. No caso de reincidir dúas veces no atraso, a exclusión poderá ser por un ano.
  • No caso de figurar pendente de sanción por incumprimento da normativa do servizo de empréstito de test, o colexiado ou colexiada non poderá optar ao empréstito de ningún outro material de avaliación psicolóxica a través do COPG.
  • No caso de ser sancionado/a, o período da sanción empezará a contar desde a data da devolución do test polo cal foi sancionado/a.
  • Non está permitido escribir nin marcar ningún material do test.
  • No momento de recollida a/o colexiada/o revisará que o material está en perfecto estado, no caso de que teña algunha deficiencia deberá comunicalo ao COPG o antes posible.
  • No momento de devolver o material a/o colexiada/o tamén deberá revisar que está en perfecto estado.
  • Se no momento da devolución do material, este non está en bó estado o/a colexiado/a deberá abonar ao COPG o importe total do test. 
  • Para optar a este servizo, deberase estar ao corrente de pago das cotas colexiais.
  • A NON devolución do material sen causa xustificada, conlevará unha sanción económica equivalente ao prezo de mercado do dito test, ademais da expulsión do servizo de empréstito por un período de cinco anos.
Tests Dispoñibles

Acoso Escolar e Adiccións

  • AVE: Acoso e violencia escolar.
  • FRIDA: Factores de risco interpersonais para o consumo de drogas en adolescentes.

Intelixencia Emocional

  • CTI: Inventario de pensamento construtivo.
  • MSCEIT: Test de intelixencia emocional Mayer-Salovey-Caruso.
  • MOLDES: Test de estratexias Cognitivo-emocionais.

Adaptación e Conduta

  • ABAS-II: Sistema de avaliación da conduta adaptiva.
  • BASC: Sistema de avaliación de conduta en nenos e nenas e adolescentes.
  • BASC-3: Sistema de avaliación da conduta de nenos e adolescentes 3.
  • DABS: Escala de diagnóstico da conduta adaptativa.
  • FRIDA: Factores de risco interpersoais para o consumo de drogas en adolescentes.
  • IAC: Inventario de adaptación de conduta.
  • SENA: Sistema de avaliación de nenos e adolescentes.

Atención

  • BASC: Sistema de avaliación de conducta en nenos e nenas e adolescentes.
  • D2: Test de atención.
  • TP-R: Toulouse-Piéron-Revisado

Aptitudes: Baterías Xerais

  • BAT-7: Batería de aptitudes TEA.
  • DAT- 5: Test de aptitudes diferenciais 5.
  • EFAI: Avaliación de aptitudes intelectuais.

Trastornos de Alimentación

  • EDI-3: Inventario de trastornos da conduta alimentaria.

Idiomas e Memoria

  • MY: Test de memoria.

Lectoescritura e Linguaxe

  • BAIRES: Test de aptitude verbal.
  • DST-J: Test para a detección da dislexia en nenos e nenas.
  • MACARTHUR: Inventario de desenvolvemento comunicativo.
  • PEABODY: Test de vocabulario en imaxes, PPVT-III.
  • PROLEXIA: Diagnóstico e detección temperá da dislexia.

Ansiedade, Depresión e Estrés

  • BAI – Inventario de ansiedade.
  • BDI-II – Inventario de depresión.
  • BSI-18 – Inventario breve de síntomas.
  • CECAD: Cuestionario educativo-clínico: Ansiedade e depresión.
  • EAE: Escalas de Apreciación do Estrés.
  • ISRA: Inventario de situación e respostas de ansiedade.
  • STAI – Cuestionario de ansiedade.
  • STAXI-2 – Inventario de expresión de ira Estado-Trazo.

Personalidade

  • 16 PF-5: Cuestionario factorial de personalidade 5ª edición.
  • 16 PF-APQ: Cuestionario de personalidade para adolescentes.
  • BFQ: Cuestionario “BIF FIVE”.
  • BIP: Inventario de Bochum de personalidade e competencias.
  • CEP – Cuestionario de personalidade.
  • CPF: Cuestionario de personalidade forense.
  • CUIDA: Cuestionario para a avaliación de adoptantes, coidadores e coidadoras, titores e titoras e mediadores e mediadoras.
  • MMPI-2 RF: Inventario multifásico de personalidade de Minnesota-2-Reestructurado.
  • NEO FFI – Inventario de personalidade NEO Revisado.
  • NEO PI-R: Inventario de personalidade NEO Revisado.
  • PAI: Inventario de avaliación de personalidade.
  • TPT: Test de personalidade de TEA.
  • TRAUMA: Test de resistencia ao trauma.

Neuropsicoloxía

  • AFASIA: Test para o exame da afasia.
  • BARCELONA REVISADO: Programa integrado de exploración neuropsicolóxica.I
  • BCSE: Test breve para a avaliación do estado cognitivo.
  • CAMDEX-R: Proba de exploración Cambrige revisada para a valoración dos trastornos mentais da vellez.
  • ENFEN: Avaliación neuropsicolóxica das funcións executivas en nenos e nenas.
  • LURIA-DNA: Diagnóstico neuropsicolóxico en adultos.
  • LURIA-INICIAL: Avaliación neuropsicolóxica en idade preescolar.
  • NEPPSY II: Avaliación a medida para nenos e adolescentes. Idade entre os 3 e os 16 anos.
  • PECC: Proba para a avaliación da cognición cotidiana.
  • PORTEUS: Test de laberintos.
  • REHACOP. Programa de rehabilitación cognitiva en psicose.
  • REY – Test de copia dunha figura complexa – madurez perceptivo motriz.
  • STROOP – Test de cores e palabras – edición revisada.
  • TIDA – Test de identificación de daltonismos.
  • WCST: Test de clasificación de tarxetas de Wisconsin
  • WCST-M: Test de clasificación de tarxetas de Wisconsin (versión modificada).
  • WMS IV: Escala de memoria de Wechsler IV.

Intelixencia e Desenvolvemento

  • ALEXANDER: Escala libre de influencia cultural para a avaliación da intelixencia práctica, entendida como facilidade de adaptación e aptitude para aplicar as ensinanzas teóricas.
  • CAMBIOS: Test de flexibilidade cognitiva.
  • IGF 1: Test de intelixencia xeral e factorial.
  • IGF 2: Test de intelixencia xeral e factorial.
  • IGF 3: Test de intelixencia xeral e factorial.
  • IGF 4: Test de intelixencia xeral e factorial.
  • IGF 5: Test de intelixencia xeral e factorial.
  • IGF 6: Test de intelixencia xeral e factorial.
  • K-BIT – Intelixencia breve.
  • MSCA: Escalas McCarthy de aptitudes e psicomotricidade para nenos e nenas.
  • MACB-2: Batería de avaliación do movemento para nenos 2.
  • TIG: Test de intelixencia xeral (niveis 1 e 2).
  • RAVEN: Matrices progresivas
  • RIAS: Escala de intelixencia de Reynolds.
  • RIS-T – Test de intelixencia breve de Reynolds.
  • TONI-2- Test de intelixencia non verbal – Apreciación da habilidade cognitiva sen influencia da linguaxe.
  • WAIS III: Escala de intelixencia para Wechsler para adultos III.
  • WAIS IV: Escala de inteligencia de Wechsler para adultos-IV. .
  • WISC IV: Escala de intelixencia de Wechsler para nenos e nenas IV.
  • WISC V: Escala de intelixencia de Wechsler para nenos e nenas V.
  • WPPSI-IV: Escala de intelixencia de Wechsler para preescolar e primaria IV.

Psicopatoloxía e Forense

  • CAQ: Cuestionario de análise clínico.
  • CPF. Cuestionario de personalidade forense.
  • MMPI-2: Inventario multifásico de personalidade de Minnesota-2 (Básico).
  • PAI: Inventario de avaliación de personalidade.

Orientación Vocacional

  • KUDER-C: Rexistro de preferencias vocacionais.

Clima laboral, Motivacións e Valores

  • CESQT: Cuestionario para a avaliación do síndrome de queimarse polo traballo.
  • CLA: Clima laboral.
  • COMPETEA: Avaliación das competencias tal como se entenden actualmente no contexto laboral.
  • CTE: Cuestionario de talento de emprendedor.
  • DECORE: Cuestionario de avaliación de riscos psicosociais.

Autismo

  • MACARTHUR: Inventario de desenvolvemento comunicativo.

Ámbito Xurídico

  • PCL-R: Escala de avaliación de psicopatía de HARE revisado.
  • CIT: Cuestionario de impacto do trauma.
  • MCMI-IV: Inventario clínico multiaxial de Million IV.
  • EGEP-5: Avaliación global de estrés postraumático adaptada aos criterios do DSM-5.
  • PAI-A: Inventario de avaliación da personalidade para adolescentes.
  • VINCULATEST: Test para a avaliación e valoración dos vínculos interpersonais en adultos.
  • MMPITM-2: Inventario multifásico de personalidade de MinnesotaTM-2.
  • QPAD: Cuestionario para a avaliación de problemas en adolescentes.

    Empréstito de material
    1. Tests a solicitar (máximo 5)
    2. 16PF-516PF-APQABAS IIALEXANDERAVEBAIBAIRESBARCELONA REVISADOBASCBASC 3BAT-7BDI-IIBFQBIPBSCEBSI-18CAMBIOSCAMDEXCAQCECADCEPCESQTCITCLACTECTICOMPETEACPFCUIDAD-2DABSDAT-5DECOREDST-JEAEEDI-3EFAIEGEP-5ENFENEPQ-REXPLORAFRIDAIACIGF 1IGF 2IGF 3IGF 4IGF 5IGF 6IPP-RISRAK-BITKUDERLURIA-DNALURIA INICIALMACARTHURMCAB-2MCMI IVMMPI-2MMPI-2 RFMMPITM-2MOLDESMSCAMSCEITMYNEO FFINEO PI-RNEPPSY-IIPAIPAI-APCL-RPEABODYPECCPORTEUSPROLEXIAQPADRAVENREHACOPREYRIASRISTSENASPVSTAISTAXI-2STROOPTIDATIGTONI-2TP-RTPTTRAUMAVINCULATESTWAIS IIIWAIS IVWISC IVWISC VWCSTWCST-MWMS IVWPPSI-IV
    1. Envío por mensaxeríaRecollida na sede do COPG

    * Obrigatorio